CONCURSO NO INSTITUO

Degustación de sobremesas de ENTROIDO

Igual que se leva facendo desde hai dous anos, no noso instituto, onte, día das comadres, día da lardeira por terras de Trives, un concurso degustación de doces de entroido para OS/AS MÁIS LARPEIROS/AS.
Dado que nestes días de celebración do entroido, os excesos culinarios están á orde do día, quixemos que rapaces/as e profesorado regalasen o seu bandullo cunha gran remesa de sobremesas feitas polas familias (avós incluidos) do noso alumnado. Todo resultou estar boísimo!! (que llo pregunte a algúns/as!!) e non quedaron nin as faragullas.

por xentileza do Equipo de Dinamización

[ pechar ]