CONSUMO RESPONSABLE

Próxima charla da Escola de Familias (luns 27 ás 17:35h)

En primeiro lugar queremos agradecer a asistencia á charla da semana pasada por parte das familias que esperamos resultase interesante, as próximas datas que se nos veñen enriba son época de xuntanza e celebración nas familias o que inclúe tamén intercambio de agasallos. Dende a Escola Galega de Consumo ofrécennos unha charla para concienciar da necesidade de realizar un consumo responsable, coa posibilidade de cambiar os nosos hábitos de consumo axustándoos ás necesidades reais e optando por opcións que favorezan a conservación do medio ambiente e a igualdade social.
Esperamos a vosa asistencia o próximo luns, 27 de novembro no salón de actos do IES Cosme López Rodríguez, de 17:35 a 18:35,
Moitas grazas de antemán.

[ pechar ]