HORÓSCOPO CELTA

Igual que moitos pobos, os celtas deseñaron o seu propio calendario e o seu horóscopo. Da historia do horóscopo celta téñense moi poucos datos, de feito a súa existencia chegou a nós a través da cultura oral que foi transmitida por estudosos da cultura celta.

Sábese que os druídas celtas tiñan un calendario relacionado coa lúa e coa natureza que constaba de 364 días, divididos en 13 meses. Ademais, estableceron ciclos de 10 días custodiados por unha árbore que se repiten dúas veces ó ano, agás o álamo que se estende por tres períodos diferentes. Deste xeito, crearon un horóscopo de 21 árbores: dúas para os equinoccios, dúas para os solsticios e as dezasete restantes repartidas en ciclos equidistantes de 10 días.

A persoa que nacía baixo a influencia dunha árbore concreta recibía as súas propiedades e a protección do seu espírito para toda a vida.